martes, 29 de mayo de 2018

Peregrinación a Lourdes

Peregrinación a Lourdes da Hospitalidade da Coruña do 17 ao 21 de maio de 2018 que cadrou coa Peregrinación Militar internacional (Encontro Internacional de Militares pola Paz representando a máis de 40 nacións) que se desenvolveu co lema "PACEM IN TERRIS". A Misa na Gruta das Aparicións celebrámola conxuntamente cos militares de España.

De toda a Diocese de Santiago peregrinamos unhas 400 persoas. Do Barbanza fomos máis de 30 peregrinos e concretamente 13 da Parroquia de Santa Uxía de Riveira. 


































































































































viernes, 11 de mayo de 2018

Día da nai 2018


Señor Xesús: Grazas polas nais que nos deches. Os máis nobres sentimentos que temos, sementounos en nós nosa nai: a fe, a honestidade, o amor ao traballo.

Señor Xesús: Nesta hora de retos e desafíos, as nais necesitan da túa axuda: para atender á casa e ao traballo, para facer de pai e nai, para educar nos valores cristiáns.

Señor Xesús: Que a Virxe Nai as encha de fortaleza.

Señor Xesús: Que a Virxe María siga sendo modelo de todas as nais. 

Señor Xesús: Que tamén elas loiten pola xustiza e que confíen no Deus dos pobres: O Deus que quere pan en todas as mesas e paz en todos os fogares; o Deus que destrúe o poder corrompido e protexe aos indefensos e humillados.

Señor Xesús: Ilumina a vida das nosas nais. Premia os seus desvelos e traballos. Dá paz ás nais xa defuntas. Bendí a todos os fogares. E que os fillos sexan sempre gloria e coroa das nais. Amén.