sábado, 27 de abril de 2019

CONVIVENCIA DE NEN@S EN SANTIAGO.

O mércores, 1 de maio, sairemos de Riveira cara Santiago coma todos os anos para celebrar o Encontro Diocesano de Nen@s. No cartel están os horarios e como poder participar.


martes, 9 de abril de 2019

CARTEL SEMANA SANTA RIVEIRA 2019

Hai un erro no cartel que presentamos e que neste está correxido: A REPRESENTACIÓN DA PASCUA é o día 
MÉRCORES 17 ÁS 19.15H




lunes, 8 de abril de 2019

MIGRAR É UN DEREITO

Escoitar e acompañar a Djibril Fayé o venres 12 de abril ás 19.00h é demostrar que non miramos para outro lado.
Emigrar nunca é fácil, e os países que xa sufriron a lacra de ver marchar aos seus, relátano nos seus libros de historia como períodos escuros e penosos.
Europa terá que incluír con vergoña nos seus libros de historia como desatendeu a chamada de auxilio de refuxiados e inmigrantes que simplemente reclaman o seu dereito a buscar unha vida mellor, como os propios europeos fixemos, facemos e seguiremos facendo sempre que teñamos necesidade.
DÍA 12 ABRIL DE 2019
HORA: 19.00h
LUGAR: SALÓN SANTA UXÍA (Detrás da Igrexa Parroquial)