domingo, 8 de marzo de 2020

DOMINGO II DE CORESMA


    Despois do traballo que costa asentarse, atopar un sitio no que sentirse cómodo, é un fastidio que te fagan mover. Un dos fins da vida de hoxe semella que é conseguir estar instalados e cómodos. A primeira lectura de hoxe presenta a Abrán quen, salvando as distancias de tempo e tipo de vida, está asentado nunha realidade que lle costou atopar. E agora Deus dille "Sal da túa terra e ... ponte en camiño" Así é a vocación: unha chamada que en moitos casos significa deixar seguridades e comodidades para comezar de novo, guiándote só pola confianza en quen te chama. Supón arriscalo todo. A actitude de Abrán convírteo no Pai da fe de toda a humanidade coa promesa de Deus de bendecilo a el e á súa descendecia. 


     A pasaxe do evanxeo de hoxe ven precedida do final do capítulo 16 de Mateo onde Xesús di "que o ían executar e que ó terceiro día había resucitar" ao tempo que aos discípulos lles aclara que significa seguilo: "Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga". Vamos, que a sorte que vai a correr Xesús e o atractivo de ser discípulos queda claro para quen alegremente se plantexe poñerse en camiño.

     É necesario subir ao monte da transfiguración. Se tes a capacidade de escoitar a chamada do Señor, se te fías del e te pos en camiño; se decides cargar coa cruz de cada día, deixando atrás as seguridades e comodidades, renunciando a ti mesmo e entregando a túa vida a Deus e aos demáis; se te comprometes a levar ata as últimas consecuencias o amor a Deus e aos teus irmáns e configuras así a túa vida á de Xesús, entón é necesario subir ao monte da transfiguración, lugar de encontro con Deus e anticipo da gloria á que estamos chamados.

      Para os discípulos non tiña sentido a novidade que presenta Xesús: como vai a sufrir o Mesías? como se pode entender que fale da morte, e morte por execución? Cargar coa cruz? Só desde o monte da transfiguración se entende. Hai que subir, recoñecer a Xesús como Mesías, o Fillo que ven a cumprir as promesas de Deus, quen é mais que a lei (Moisés) e os profetas (Elías). Ten que haber un encontro con Deus que me anime a seguir, coa convicción de que a vontade de Deus non é o fracaso do home senón a Resurrección. Que vivir na seguridade e na comodidade, reservala vida non me asegura vivir plena e eternamente. E que, en cambio, a eternidade e a plena realización do home e da muller está en dala vida. Unha vez máis facémonos eco de que non hai gloria sen pasión, e de que é preciso subir e baixar ao monte da transfiguración continuamente.

Canto: Subiré a la montaña. (Pincha aquí)


sábado, 7 de marzo de 2020

SÁBADO I DE CORESMA


     Cumprir os mandatos do Señor con todo o corazón e con toda a alma? Que supón? A que me compromete? 

     A orixinalidade do Evanxeo e, por tanto, da vida de Xesús é difícil de asumir e de vivir. Xesús camiña en dirección contraria, expoñendo a diario a súa vida, arriscándoo todo a cada paso e dándolle ao amor sen condicións un protagonismo absoluto. Esta orixinalidade segue sendo actual nun mundo que só se ama a sí mesmo, que usa a violencia por vinganza, por interés e egoísmo e, en moitos casos, gratuitamente, sen sentido. 

      Un desprecio, por moi pequeno que sexa, queda como unha marca ou ferida no corazón e convértese en rencor e en desexo de vinganza. Gardamos anos esta dor e dicimos que non somos capaces de perdoar. A novidade cristiá está en que amar non é amar só a quen me ama, como resposta, como froito. A novidade cristiá propón un amor sen límites nin condicións, semellante ao amor de Deus que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos.

Canto: Amad a vuestros enemigos (Pincha aquí)

viernes, 6 de marzo de 2020

VENRES DA I SEMANA DE CORESMA




     A salvar, non a condenar! Temos que meter ben esto na nosa cabeza e corazón.  Deus pon todo da súa parte para a nosa salvación, a súa vida é a nosa salvación. San Ireneo dicía que a gloria de Deus é que o home viva. Se recorres con Xesús o evanxeo e te atopas coa xente coa que El se mezclaba respiras sen duda o amor e a misericordia que se desprenden das actitudes e corazón de Xesús. 
 
    Non podemos dudar de que Deus quere a salvación de todos/as e neso invirte a súa vida. Agora ben, non sen ti; como di en Deuteronomio 30 "Mira que eu poño hoxe diante de ti a vida e a felicidade, a morte e a desgraza". Temos a sorte e tamén a responsabilidade de poder elexir, de escoller a dirección da vida que mellor nos pareza: 
  • "Cando o xusto se aparta das súas obras de xustiza e comete iniquidades e morre debido a elas, morre debido ás iniquidades que el cometeu. Cando o malvado se aparta da maldade que cometeu e practica o dereito e a xustiza, entón el consegue a vida." (Ezequiel 18, 26-27)
    Quen queira conformar a súa vida coa de Xesús ten que ir moito máis aló de facer o que é correcto, o que é de obrigado cumprimento. O amor non entende de mediocridade nin de mínimos. Son horas de soltar as cadeas que nos atan, que non nos permiten ser expléndidos no perdón, no amor, na compasión, na apertura, na esperanza, ...

Canto: Perdón, Jesús, perdón. (Pincha aquí)

jueves, 5 de marzo de 2020

XOVES DA I SEMANA DE CORESMA




    Pedir, buscar, chamar, verbos que indican actividade, que son propios de quen ten esperanza. Escoitamos ás veces que a Deus non lle hai que pedir porque El xa sabe do que precisamos. E ainda que é certo, pedir, buscar ou chamar non fan referencia só ao resultado ou ao obxeto en cuestión, senón que define ao suxeto, quen se sinte necesitado e, por tanto, conta cos demais e con Deus na súa vida, elimando toda autosuficiencia e individualismo; non se queda pasivamente esperando a que todo lle sexa dado senón que sae a buscar, mostra interés e desexo, confía e espera atopar; chama a outras portas, sae da súa propia casa, do seu criterio persoal, sae a ofrecer un corazón aberto que precisa dos demais e de Deus. Son tres actitudes que ben poden definir a vida dos cristiáns, que non se pechan en sí mesmos, que saben das súas limitacións e da necesidade de Deus.

     Coma virus que infectan a sociedade e a levan a enfermar de forma teminal, aparecen no mundo a indiferencia, o individualismo, o relativismo. Actitudes de cara aos demáis, vivan preto ou lonxe. Perdemos a sensibilidade e acostumamos o corazón ao que vemos e coñecemos, ainda que sexa o máis inhumano e macabro. Os pobres xa non moven conciencias, os que morren nas fronteiras forman parte da paisaxe, as vítimas da violencia son parte da lectura diaria,... Convertimos en normal o que nunha sociedade sana é causa de dor e bágoas, de traumas e feridas. Seguimos dando pasos cara atrás cando xa non somos só indiferentes cos demáis senón con nós mesmos. A invitación de Xesús a pedir, buscar e chamar obriga a saír dese letargo no que nos aloxamos, no que o corazón  deixa de latir con forza a causa da hipotermia, semellando estar morto. 

     Con humildade e confianza poño nas mans de Deus as miñas carencias e necesidades, os meus erros e pecados; e lanzo un grito de quen sabe que non está só, que Deus sempre está aí, á beira, preto de quen o busca e atento a que o chama.


Canto: Pedid y se os dará (Pincha aquí)

miércoles, 4 de marzo de 2020

MÉRCORES DA I SEMANA DE CORESMA



      Cambiaron moitas cousas desde Xonás. Hai regueiros de tinta que mostran o recorrido dos séculos e a vida de cada xeración. A historia está  marcada pola violencia e polos desencontros. E ainda hoxe, con todo o progreso e os avances, especialmente dos séculos XIX, XX e o actual, a violencia ten unha presencia excesivamente central na vida da humanidade. Estos días asistimos ao serio problema de Turquía e da Unión Europea, que non é novo. As fronteiras, o mal reparto das riquezas, a supremacía e abuso dos máis ricos, a desigualdade, o individualismo e a violencia siguen tendo un papel protagonista no día a día.

      Non son poucos os profetas que na actualidade denuncian esta situación e nos piden un cambio: a conversión do corazón. Os ninivitas ecoitaron, recapacitaron e cambiaron radicalmente a súa actitude. Nós temos a sorte de contar coa presencia do Fillo, de Xesús, que coa súa Palabra e obras interpela a nosa conciencia. É urxente a miña, a nosa e a conversión de todos. Non precisamos de esperar ningún signo máis.  A presencia de Xesús e a situación actual que vivimos son sufucientes signos da chamada a unha radical conversión.

Canto: Renuévame Señor (Pincha aquí)

MARTES DA I SEMANA DE CORESMA



      Cal é o promedio de palabras que pronunciamos ao día? Cantas escoitamos? En que medida me aportan algo ou afectan na vida? Cada día do ano está cheo de palabras que escoitamos, que lemos, que pronunciamos e que con moita facilidade esquecemos. Non gardan un contido que mereza gardarse na memoria. Quizais temos facilidade de gardar aquelas que expresan desprecio ou que nos fan sentir feridos. 

      Tamén no pasa na oración. Non son necesarias moitas palabras pero en repetidas ocasións cansámonos de falar e de rezar, de monólogos e de oracións nas que sin ser conscientes do que dicimos repetimos as mesmas palabras unha e outra vez. "E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar." (Mt 6,,7) Sobra dicir que non se trata de criticar ningunha oración en concreto senón de facer autocrítica de cara a que a oración sexa consciente, sincera e agradable a Deus.
     Neste martes a liturxia fala da palabra que non se perde senón que da froitos, da palabra que se cumpre e permanece. Non son necesarias moitas palabras. Xesús é esa Palabra definitiva de Deus, encarnada na nosa realidade e condición, comprometida e disposta á transformar a nosa realidade facendo posible unha verdadeira conversión.

Canto: Tu palabra (Pincha aquí)