viernes, 28 de febrero de 2020

Venres de cinza. Riveira 2020



É acaso coma este o xaxún que eu quero no día en que o home aflixe a súa gorxa, dobra a súa cabeza coma un xunco e estende saco e cinsa para se deitar?

      En todos os tempos corremos o risco de caer no cumplimento vacío, de cumplir cuns ritos que nada teñen logo que ver coa vida nin coa relación cos demáis. O que se ve no exterior se non sae do corazón é culto valeiro. O xaxún que Deus quere é o amor sen condicións que se fai realidade na propia persoa e na relación coas demais persoas. Cumplir de forma cega "porque sempre o fixemos así" non nos permite recoñecer a Deus no medio de nós e, o que é o mesmo, lévanos a rexeitalo. Recordamos a canción que di que podemos dominar a linguaxe dos anxos, podémonos deixar queimar vivos, dar todos os bens aos pobres, desvelar os grandes misterios,..., se non temos amor non ten valor, non sirve de nada.

      A Coresma é tempo de conversión, pero non é unha actitude fría froito do meu esforzo e orgullo de fariseos. Podemos facer o maior dos xaxúns, a mellor das limosnas e a máis extensa oración sen contar coa presencia de Deus. O esforzo, a limosna e todo o sacrificio que non ten en conta a Deus e aos pobres (amor a Deus e ao próximo), que non sae do corazón ten como finalidade exclusiva alimentar o meu orgullo. 

      Canto:  Al Mirarte a Ti (Pincha aquí)

No hay comentarios:

Publicar un comentario