slideshow

DOMINGO 22 DE MARZO DE 2020

22 de marzo de 2020
Domingo IV de Coresma

         Na oración de hoxe e na celebración da misa tiven presentes a todas as persoas da parroquia: os nenos/as da catequese, os mozos/as de Confirmación, os pais e nais que acompañan aos seus fillos e celebran o domingo a misa de 11.30h, as persoas maiores que nunca fallan, as persoas enfermas que non saen das súas casas, á residencia de maiores, aos catequistas, á miña familia e a cada unha das familias de Santa Uxía,... Non deixemos a oración porque nela mostramos a nosa confianza en Deus Pai, e nela sentimos que estamos unidos. A oración é a nosa forza neste momento.


     Tamén e de forma moi especial recordo con todos vós ás dúas persoas que faleceron desde que estamos confinados nas nosas casas e ás súas familias: Manuel Martínez Colomer, finado o domingo pasado, día 15 e que recibiu sepultura só coa familia máis achegada o luns 16; e Julio Pérez González, que finou o 20 de Marzo e incinerado o 21. Deixo nesta entrada as súas esquelas. Sempre a morte mostra unha gran dureza pero neste tempo ten o engadido de enterrarmos aos nosos familiares sen o calor dos amigos, veciños e tamén familiares, xa que só se permite unha cantidade de persoas. Por iso, desde aquí lles mostramos as nosas condolencias e a nosa cercanía.



A TER EN CONTA:    Ás 20.00h de cada día soarán as campás das igrexas de Riveira e Santa Clara durante tres minutos. Hai un grupo moi numeroso de persoas que están a traballar sen descanso, no campo da sanidade e da medicina, da seguridade, da protección civil, dos auxiliares que se adican ao coidado dos máis vulnerables (dos maiores e enfermos), de servizos como os supermercados, tendas de alimentación, farmacias,... Cada día ás 20.00h, e seguindo tamén a suxerencia do Alcalde de Riveira, soarán as campás para sumarse á ovación que facemos a toda esta xente.

Ás 12.00 do mediodía de cada xornada tamén soarán as campás a petición da Igrexa Española e da CEE.

Propoñemos que ás 12 do medio día soen as campás para mostrar o noso agradecemento e fraterna solidariedade e orar: – Polos enfermos contaxiados polo virus, polos seus familiares, por quen está en corentena e por outros enfermos que ven afectada a súa atención pola prioridade de atallar a pandemia. – Polos traballadores de todos os Centros e Servizos Sanitarios e todos os servizos públicos. – Polos Equipos de Emerxencias, polos de Protección Civil e polas Forzas de Seguridade do Estado – Polos Equipos de Pastoral da Saúde e polos voluntarios. – Polas persoas de risco: nenos, maiores e enfermos crónicos. – Polos pais, nais, avós e educadores. – Polos que están a vivir esta situación de emerxencia en soidade. – Por quen carece de fogar ou do imprescindible para vivir. – Polas diversas autoridades públicas. – Polos sacerdotes, os Mosteiros de vida contemplativa e a vida consagrada, que coa súa oración e entrega seguen dando esperanza a todos os cidadáns. E propoñemos que, como conclusión do *Ángelus, digamos xuntos estes días e a esa hora a oración do Papa Francisco: “Oh María, Ti resplandeces sempre no noso camiño como signo de salvación e esperanza. Nós encomendámonos a ti, saúde dos enfermos, que #ante a Cruz fuches asociada á dor de Jesús mantendo asine a túa fe. Ti, Salvación de todos os pobos, sabes o que necesitamos e estamos seguros de que proverás para que, como en Caná de Galilea, poida regresar a alegría e a festa despois deste momento de proba. Axúdanos, Nai do Divino Amor, a conformarnos á vontade do Pai e a facer o que nos dirá Jesús, que tomou sobre si os nosos sufrimentos. E tomou sobre si as nosas dores para levarnos, a través da Cruz, ao gozo da Resurrección. Amén. Baixo a túa protección, buscamos refuxio, Santa Nai de Deus. Non despreces as súplicas dos que estamos na proba e líbranos de todo perigo, oh Virxe gloriosa e bendita!Que o Señor vos bendiga, gárdevos e concédavos a paz!


ESQUELAS



3 comentarios:

  1. Gracias por tu oración en estés momentos tan duros,el Señor nos esperanza y fortaleza,confiamos en El

    ResponderEliminar
  2. Gracias por tu oración y acordarte de todos nosotros en momentos tan duros,nuestra esperanza y auxilio está en el Señor,el es nuestra fortaleza

    ResponderEliminar
  3. Gracias por tu oración, que El Señor nos infunda fortaleza y esperanza en estos difíciles momentos, de alivio a los enfermos y luz a los que viven con miedo esta difícil situación.

    ResponderEliminar