slideshow

Unha semana de confinamento

       Unha semana na que todos experimentamos como os nosos plans cambiaron e necesariamente nos tuvemos, (e temos aínda hoxe), que adaptar. Sempre temos moita facilidade para queixarnos e hoxe, como botamos de menos a vida "normal" que levabamos! E con todo, esta situación ten que sacar de nós o mellor, que está en moitos casos dormido na monotonía e rutina diarias. Aproveitar este tempo para poñer en movemento certas partes da nosa vida que polas presas, o traballo, o cansancio, antes non podiamos facer. 

       É MOI FÁCIL DEDICAR ESTE TEMPO AO SOFÁ, TELEVISIÓN, MÓBIL, INTERNET,..., e aburrirnos incluso de todo esto. E como me aburro estou de mal humor. E como estou de mal humor... Estar confinados non quere dicir que o pixama sexa o vestido habitual. Hai que trasladar a vida que facemos a diario á propia casa, ao ambiente familiar.


      Un decálogo a modo de proposta:

  • Agora non hai excusas, hai tempo para adicarlles aos teus. O traballo e o pouco tempo do que dispoñemos con normalidade, non nos permite disfrutar da familia. Este é un bo momento para escoitar, para rir, para contar historias, para facer proxectos e, especialmente, para mostrar o teu amor de esposo/a, de pai, de nai, de fillo/a, de neto/a.
  • Como dispoñemos de tempo tamén podemos sacarlle partido á nosa espontaneidade e creatividade: á hora de cociñar, de poñela mesa, de levantarnos ou de deitarnos, de propoñer un xogo en familia,... 

  • Ter moi presentes aos nosos veciños ou familiares que se atopan sós. Preocuparnos por eles, chamarlles, ou procurar axuda se o precisan. Por desgracia moitas das persoas que se atopan soas son das chamadas agora de "risco". Están as autoridades facilitando un teléfono para que cunha chamada se sintan menos sós, e esto está ben. E con todo, creo que é moito mellor que o fagamos os que vivimos preto, nos une a amistade ou lazos de sangue. 

  • Saír a tomar un café ou un viño é o desexo de moitas persoas que xa no primeiro ou segundo día de confinamento o expoñían con claridade nas redes sociais. Tamén se pode facer isto en familia: con quen mellor que cos que vives e queres? Saca unhas olivas ou unhas pastas, prepara un café e disfrútao coa túa familia.

  • O espazo no que nos movemos é pequeno. O movemento e exercicio pódese minguar de todo e resentirse a nosa saúde. Hoxe hai recursos de sobra en internet para facer exercicio e para facelo en familia. Zumba en familia pode repercutir de dúas maneiras: as risas que se poden botar e o exercicio como tal. Nos dous casos repercute na saúde.
  • Resultado de imagen de zumba viñeta davila

  • O estar confinados ten unha repercusión moi positiva a nivel mundial (sempre hai que velo positivo de cada situación): a redución da contaminación. Pode ser a ocasión, se non o facías antes, de activar na túa casa unha campaña de reciclaxe, que axude ás boas prácticas en favor de coidar a "casa común".
  • Resultado de imagen de reciclaxe

  • Unha oportunidade para desempolvar  e ler ese libro que levas meses desexando ler. Unha boa lectura sempre é enriquecedora e anima o día. Tamén hai tempo de sobra para preparar o exame ou as asignaturas, seguindo o traballo que os mestres envían telemáticamente.

  • Hai amigos/as aos que pouco a pouco lles fomos perdendo a pista. Pospoñemos unha chamada unha e mil veces. Nese minuto que queda aproveita e dalle unha alegría a ese amigo/a. Seguro que hai miles de anécdotas que contar.

  • Garda no día momentos para a meditación, para a lectura da Palabra de Deus e para a oración. "Non abandonar a pregaria na tribulación nin a acción de gracias na alegría": a diario dar gracias a Deus polo novo día, por cada membro da familia, pola vida e a saúde, polo amor que desexamos dar e polo que recibimos. Poñer nas mans de Deus a nosa vida é un acto de fe e tamén de esperanza, co compromiso de loitar por contribuir na procura dun día alegre e agradecido. Bendicir os alimentos antes de comer é recoñecer a man de Deus que está no medio de nós, no alimento material e tamén no espiritual que alimenta o noso interior. Rematar o día dando gracias e pedindo perdón dos erros é síntoma de humildade, de esperanza e de amor a Deus e aos demáis, neste caso á túa familia. Se queres achegarte á igrexa para rezar un momento podes facelo polas mañáns de 10.00h a 13.00h, sempre cumprindo co que nos piden as autoridades sanitarias, de distancia, ...
















  • Finalmente: bo humor, caridade, responsabilidade e quedanacasa. Bo humor porque che axuda a ti e tamén a quen está contigo a vivir esta situación complexa e inusual. Caridade porque está na túa man actuar desde o servicio e o amor de cara aos demáis; e porque tamén é caridade mirar polo ben dos demáis sendo ti responsable. Non xogues coa túa vida e menos coa dos demáis: se te expós non seguindo as normas e actúas de forma irresponsable has saber que están poñendo en risco a túa vida e a dos teus. Non xogues coa vida, cóidaa! Pensa que esto non é un capricho: quedanacasa.

2 comentarios:

  1. Todo moi aproveitado, algunas cousas fanse, e outras non dependen de un.... Gracias por compartir

    ResponderEliminar
  2. La verdad, si que son días para poder disfrutar con la familia..los niños que tienen a sus padres trabajando desde casa están encantados por ambas partes, los que vivíamos en situación de extres continuo tenemos más tiempo para disfrutar no solo de la familia, descubrimos que también hay vida mas allá del trabajo, tenemos tiempo para volver a encontrar en nuestro interior cosas y sentimientos que ya no recordábamos que existan, (tengo tiempo hasta para limpiar la casa) yo..curiosamente descubrí que tenía un rincón muy escondido donde todavía me quedaba paz..seguramente el virus trajo mucha tragedia a muchos hogares, pero quiero pensar que seremos muchos mas los afortunados de haber descubierto una nueva vida en la cual demos prioridad a las personas y que el amor y la solidaridad forme parte de nuestro día a día en todo nuestro entorno..estoy segura de que saldremos mas fuertes y mejores como personas de todo esto..Ánimo y un abrazo a tod@s!

    ResponderEliminar