miércoles, 18 de marzo de 2020

San Xosé, home xusto e bo





    Non son tempos estes de complicacións e de grandes discursos. A bondade e a xusticia ábrense paso nun mundo plural, onde todos expresamos o noso criterio e discurso como único e absoluto. A figura de San Xosé, de quen sabemos moi pouco, interpélanos na actualidade. Non escoitamos da súa boca xuicios, críticas, discursos, ... Descubrimos no silencio a un home cheo de bondade e xusto. Temos, coma San Xosé, nas nosas mans dúas opcións, dous camiños que escoller. A opción da bondade e da xusticia non admite nin a mediocridade nin a indiferencia, o  quedarnos quietos sen tomar partido. A figura de San Xosé presenta un modelo para a humanidade actual onde a liberdade xoga un papel especial, que fai da acollida, da xusticia, da bondade e o amor un estilo de vida; e onde a fidelidade e confianza en Deus se expresan nas mellores actitudes do corazón humano. 

     O amor, a bondade, a xusticia non son froito da debilidade ou da simpleza. Son propios de quen se entrega totalmente, de quen cre e confía, de quen ten esperanza e se compromete. Como podemos frenar os protagonismos vacíos, os discursos estériles, os propósitos sen compromiso real? Como podemos vencer o mal que atopamos no noso egoísmo e na nosa falta de caridade?

    No medio desta situación na que, confinados polo Covid-19, miramos con moita perplexidade a variedade de actitudes e posturas adoptadas, convén que nos fixemos na xente sinxela, que non fai ruido. Aquelas persoas das que non dubidamos pola súa bondade, polas súas actitudes e compromiso activo. Porque están no medio deste virus atendendo a enfermos e familiares, a persoas vulnerables e necesitadas. Porque están nas súas casas sen saír, cumprindo co seu deber de non extender máis este virus e de non poñer en risco a outras persoas. 

    A bondade de San Xosé ha ser un rasgo esencial da Igrexa, porque é desde a bondade, o amor, o compromiso polos pobres desde onde podemos entender a Xesús. A Resurrección e a Vida son froito dun amor sen condicións. 

     Celebramos no día de San Xosé tamén o día do Seminario. Na nosa oración temos presentes aos seminaristas da nosa diocese e, de forma especial, a Patrick, que este ano de pastoral está na nosa parroquia de Santa Uxía de Riveira. Que teñan un corazón cheo de bondade, que sexan honestos e que sexan ao seu tempo pastores según o corazón de Xesucristo. Con eles damos gracias a Deus polos sacerdotes que trataron de vivir a súa vida fieis a Deus e ao servicio dos demais.

     E como é o día do Pai tamén a eles, aos nosos pais, os temos presentes hoxe na nosa oración, especialmente de agradecemento. Invítoche a que antes de facerlle un regalo lle dediques algo de tempo, e neste momento temos tempo dabondo, a facer un percorrido pola túa historia recordando ou redescubrindo o que recibiches, as actitudes e a impronta que teu pai deixa ou deixou en ti. A indiferencia, o egoísmo, a comodidade e, en  moitos casos, esta sociedade na que só importa o que produce e aporta, os pais deixan de ser valorados e non se teñen en conta. Co puñetero Covid-19 hoxe son noticia moitas persoas maiores e moitos pais, algúns (demasiados) confinados en residencias antes da existencia deste virus. Como pais no tiveron fácil antes nin o teñen fácil na actualidade, co que todo recoñecemento e gratitude é recuperar a humanidade e o sentido común. A Deus que é Pai e a San Xosé, home bo e xusto, rogamos polos pais, polos seminaristas, pola Igrexa, polo mundo.

DEIXA QUE A BONDADE GUÍE A TÚA VIDA



ORACIÓN

Sé bo, Señor, conmigo
e ten compasión de quen se dedica a falar por falar,
de quen é capaz de ver todos os erros e maldades,
 pero non é capaz de recoñecer os propios,
de quen quere impoñer o seu criterio porque
non ten tempo de escoitar o que pensan os demais,...
Sé bo, Señor, conmigo
ainda que non mereza a túa compasión 
aínda cando me gusta complicalo todo 
e escaseo na bondade e na honestidade.
Pon diante de mín a persoas que como San Xosé
me enseñen actitudes que van máis alá dos meus intereses,
persoas fieis que me enseñen a falar menos e a  entregarme máis.
Pon no corazón de cada seminarista e sacerdote
un amor sen condicións a Ti e ao próximo,
especialmente aos máis vulnerables e pobres.
Préstame da túa sensibilidade para poder ver cos ollos do corazón
e recoñecer á xente sinxela que coma San Xosé ou
a viúva do evanxeo dan todo o que teñen, sen facer ruido.
A tanta xente que pasa desapercibida, 
que non ten protagonismo nin sae nas noticias. 
Aos pais valorados polos seus fillos e aos olvidados, 
aos axentes sanitarios que nestos días non teñen tempo de aburrirse,
e a todas as persoas cheas de bondade que son 
sen darse conta evanxeo vivo, boa noticia.


15 comentarios:

  1. Persoas fieis que me enseñen a falar menos e a entregarme máis

    ResponderEliminar
  2. Préstamo a túa sensibilidade para poder ver cos ollos do corazón

    ResponderEliminar
  3. A tanta xente que pasa desapercibida, 

    que non ten protagonismo nin sae nas noticias.

    ResponderEliminar

  4. un amor sen condicións a Ti e ao próximo

    ResponderEliminar
  5. A tanta xente que pasa desapercibida, que non ten protagonismo nin sae nas noticias

    ResponderEliminar
  6. e a todas as persoas cheas de bondade que son
    sen darse conta evanxeo vivo

    ResponderEliminar
  7. Ten compaisón de quen se dedica a falar por falar, de quen é capaz de ver todos os erros e maldades, pero non é capaz de recoñecer os seus propios.

    ResponderEliminar
  8. todas as persoas cheas de bondade que son sen darse conta evanxeo vivo

    ResponderEliminar
  9. Persoas fieis que me enseñen a falar menos e a entregarme máis

    ResponderEliminar
  10. Préstame da túa sensibilidade para poder ver cos ollos do corazón

    ResponderEliminar
  11. Me enseñen aptitudes que van mais ala dos menús intereses

    ResponderEliminar
  12. Aos pais valorados polos seus fillos e aos olvidados.

    ResponderEliminar
  13. Aos pais valorados polos seus fillos e aos olvidados, 

    aos axentes sanitarios que nestos días non teñen tempo de aburrirse

    ResponderEliminar