sábado, 4 de abril de 2020

A todo hai que verlle o lado positivo




Neste día gustaríame reflexionar con tod@s vós  sobre a situación que estamos a vivir, algo impensable hai uns meses pero na que agora nos vemos totalmente inmers@s. Momentos de dor por moitos motivos: confinamento, imposibilidade de abrazar aos seres queridos, morte en soidade, loita diaria dos nosos médicos, enfermeiros, ... para salvar vidas, cese de traballo coa consecuente falta de ingresos para poder vivir o día a día  e un sinfín de cousas máis.

Porén, a todo hai que verlle o lado positivo. Estes días na casa, en familia, teño tempo a cavilar bastante e cheguei á conclusión de que me gusta compartir momentos co meu home, miña filla e meu fillo. Encántame xogar con eles, traballar con eles, rir con eles e ata chorar con eles. Rezamos para que todo isto pase decontado, máis agradecemos a Deus estes momentos de comuñón en FAMILIA que en tempo ordinario non poderiamos disfrutar con tanta intensidade.

Bo día a tod@s e forza!

Lucía Fernández Parada
Coordinadora de Catequese de  3º de Primaria




1 comentario:

  1. Poder parar y disfrutar de la familia sin el estrés del día a día,quizás es el mayor descubrimiento que tenemos las que en la rutina diaria tenemos que atender además de la familia un trabajo...estoy de acuerdo que es gratificante poder compartir con los tuyos un tiempo extra con tranquilidad, mirar en nuestro interior..y descubrir sentimientos que no sabemos que están, puesto que las prisas nos hacen vivir sin disfrutar de ellos..

    ResponderEliminar